Protección para autónomos e pequeno comercio

A Fronte Amplia simplificará a burocracia, protexerá os alugueiros comerciais e establecerá cotas bonificadas para autónomos con baixos ingresos.

Desde a Fronte Amplia queremos facilitar a actividade das persoas autónomas e dos pequenos negocios, reducindo as cargas administrativas e económicas que soportan. Defendemos que quen traballa por conta propia con ingresos reducidos debe ter unha fiscalidade máis sinxela, cotas adaptadas á súa situación e protección social suficiente.

Por iso, propoñemos simplificar as obrigas fiscais para quen facture menos de 85.000 euros ao ano, establecer unha cotización bonificada para autónomos con ingresos inferiores ao SMI e regular os alugueiros dos locais comerciais. Queremos protexer os negocios de proximidade fronte ás subas abusivas dos alugueiros e garantir unha maior estabilidade para desenvolver a súa actividade.

Preguntas e respostas

Que propón a Fronte Amplia para axudar os autónomos?

Desde a Fronte Amplia propoñemos reducir a burocracia fiscal, adaptar as cotizacións aos ingresos reais e protexer os pequenos negocios fronte ás subas abusivas dos alugueiros comerciais.

Queremos facilitar a actividade de quen traballa por conta propia, especialmente cando ten ingresos reducidos, e garantir que poida manter o seu negocio sen perder dereitos de protección social.

Como reducirá a Fronte Amplia a burocracia dos autónomos?

Propoñemos aplicar o réxime europeo de franquía do IVE para que os autónomos e pequenas empresas que facturen menos de 85.000 euros ao ano queden exentos das liquidacións periódicas do IVE e só teñan que presentar unha declaración informativa anual.

Tamén queremos establecer unha tributación simplificada para autónomos e socios cooperativistas de rendas baixas, reforzar o portelo único administrativo e reducir os trámites burocráticos.

Que propón a Fronte Amplia para os autónomos con ingresos inferiores ao SMI?

Queremos establecer un réxime específico de cotización para as persoas autónomas con ingresos reducidos.

A nosa proposta contempla que quen teña ingresos reais inferiores ao salario mínimo interprofesional anual por causas obxectivas, como as condicións do mercado ou o inicio da actividade, poida acollerse a unha cotización fixa bonificada sen perder dereitos de protección social.

Como protexerá a Fronte Amplia os pequenos comercios fronte ás subas do alugueiro?

Propoñemos reformar a Lei de arrendamentos urbanos para protexer as persoas autónomas e pequenas empresas que desenvolven a súa actividade en locais alugados.

Queremos garantir contratos de alugueiro comercial de polo menos cinco anos, establecer límites legais ás subas anuais e recoñecer o dereito a renovar o contrato.

Tamén formulamos unha indemnización cando se produza a expulsión dun negocio por motivos especulativos.

Regularanse os prezos do alugueiro dos locais comerciais?

Si. Desde a Fronte Amplia propoñemos establecer un índice de prezos de referencia para os grandes propietarios de locais comerciais en zonas tensionadas polo turismo.

Queremos evitar que as subas abusivas do alugueiro expulsen os pequenos negocios e o comercio de proximidade dos seus locais.

Que outras medidas propón a Fronte Amplia para as pequenas empresas?

Propoñemos garantir a aplicación efectiva do IVE de caixa, reforzar os servizos públicos de acompañamento e dixitalización e combater a morosidade comercial de grandes empresas e administracións públicas.

Tamén formulamos reformar a Lei de segunda oportunidade para evitar que o fracaso dun proxecto empresarial condene as persoas emprendedoras a unha situación de ruína permanente.