A Fronte Ampla é unha coalición electoral de quince partidos que decidimos asumir o compromiso que esixe este momento histórico, no que a onda reaccionaria e a extrema dereita pretenden facer retroceder os nosos dereitos e conquistas sociais. Fronte a quen quere devolvernos a un país en branco e negro, unimos as nosas forzas para defender o conquistado polas loitas históricas dos traballadores e traballadoras do noso país.
O que propoñemos é moi sinxelo: que traballar permita vivir ben, que ter unha casa non sexa un luxo e que os servizos públicos garantan o noso benestar. Iso é o que vai defender a Fronte Ampla nesta campaña e iso é o que imos facer a partir do 29N.