Eleccións xerais · 29 de novembro de 2026
Se non estás na casa,vota por correo.
Tres pasos e tres datas para que o teu voto á Fronte Ampla chegue o 29N.
1Pídeo
- En calquera oficina de Correos, en persoa e co teu DNI orixinal.
- Ou en correos.es, con DNI electrónico ou certificado dixital.
- Indica o enderezo onde queres recibir a documentación.
- Unha enfermidade ou discapacidade impídeche ir? Outra persoa pode pedilo por ti con certificado médico e poder notarial ou consular.
2Recíbeo
- A Oficina do Censo Electoral envíache por correo certificado as papeletas e os sobres do Congreso e do Senado, o teu certificado de inscrición no censo e o sobre dirixido á túa mesa.
- Entrégase en man: terás que identificarte.
- Se non estás na casa, deixaranche un aviso para recollelo na túa oficina de Correos.
3Vota e envíao
- Congreso: mete a papeleta da Fronte Ampla no seu sobre de votación.
- Senado: marca cunha cruz as candidatas e candidatos da Fronte Ampla e mete a papeleta no seu sobre.
- Mete os dous sobres de votación e o certificado no sobre dirixido á mesa, e péchao.
- Lévao a Correos e envíao por correo certificado. É gratis.
Antes de pedilo e de envialo, ten en conta
Se o pides, xa non poderás votar na túa mesa o 29 de novembro, aínda que despois cambies de plans.
Non metas o DNI nin ningún outro documento no sobre de votación: o voto sería nulo.
Non podes ir ti a Correos envialo? Autoriza outra persoa co modelo de Correos. Levará a autorización, unha fotocopia do teu DNI e o seu propio documento.